Fai apenas dous meses daquel fatídico domingo de outubro no que os galegos fumos víctimas dun atentado contra a nosa terra: os nosos bosques estaban sendo queimados.

Foron uns días de impotencia, frustración, enfado e tristura. Pendentes do vento e da choiva, que tanto se fixo esperar.  

A paisaxe tralos incendios foi, e é desoladora. Bosques carbonizados. Aldeas queimadas. 3 víctimas. Centos de animais calcinados. Bágoas e dor.

Nós queremos unha Galiza verde e azul, non negra. E queremos que Galicia non estea triste, querémola leda, morriñenta, acolledora, riquiña…

E sentimos que queremos facerlle unha homenaxe a esa Galiza. E en especial a Ridimoas, un proxecto que nos enche de esperanza despois da tanta dor.   

Ridimoas é unha asociación coa que Naturavia colabora e que ten por obxectivo a conservación e protección dos bosques autóctonos. 

E o temos claro, este nadal os nosos paquetes rendirán homenaxe ós nosos bosques e a este proxecto. Ogallá Galicia estivera chea de Ridimoas, para que desastres como o ocurrido ese fatídico domingo de outubro non volvan aconter. Gracias Pablo, grazas Ridimoas. 

E sabedes qué ilustración escollimos para esta homenaxe? O Carballo, a nosa árbore autóctona por excelencia. 

Esperamos que vos guste ;)

Bosque Ridimoas Naturavia


 Naturavia colabora coa Asociación na protección e coidado dos bosques autóctonos.

Qué é Ridimoas?


Ridimoas é un dos bosques autóctonos mellor conservados de Galicia e está na comarca do Ribeiro, en Beade.

Esta labor de conservación é levada a cabo por unha Asociación co nome de Ridimoas dende 1988, cando tras un incendio que arrasou a zona, dedidiu mercar parcelas co obxectivo de preservar a fauna e flora autóctona.

Hoxe, case tres décadas despois, Ridimoas conta con más de 300 hectáreas recoñecidas como refuxio da fauna.

A nosa xeración medrou oíndo historias e fazañas de Pablo Rodríguez, máis coñecido como Oitabén. Para nós era o "noso" Felix Rodríguez de la Fuente.

E agora que somos maiores, non queriamos deixar de contribuir á causa.

Unha das particularidades do bosque de  Ridimoas é que a protección é levada a cabo por esta entidade, privada e sen ánimo de lucro, e que é un proxecto eminentemente social. A Asociación Ridimoas conta con máis de 1000 socios e socias que cada ano abonan unha cuota mínima  de 10 euros que axudan a manter as actividades que se realizan no bosque e ademáis, ir mercando novas parcelas.

Queres facerte socio?

Nós xa o somos! Podes entrar aquí e levarache 1 minuto! 

E ademais, se nos presentas o teu carné de socio, 5% de desconto nas túas compras!