filosofia-1.jpg

A NOSA COSMÉTICA


Elaboramos cosmética cos ingredientes que a natureza e o noso contorno nos ofrece, creando fórmulas que axudan a recobrar e manter o equilibrio natural da pel. Aceite de oliva ou rosa de mosqueta, extractos de plantas dos nosos bosques galegos, como o romeu, a menta ou a lavanda e aceites esenciais de primeira calidade son as nosas principais materias primas.

FABRICACIÓN SOSTIBLE E ECOLÓXICA


A nosa cosmética está certificada por unha entidade internacional e independente, que avala que a elaboración dos nosos produtos realízase seguindo a Norma de Fabricación Sostible e Ecolóxica Biovidasana. Este certificado garante que empregamos ingredientes naturais e ecolóxicos, tal e como se indica na etiqueta dos nosos produtos; que non testamos en animais; verifica a ausencia de determinados ingredientes non permitidos (como parabenos, nitrosaminas ou derivados do petróleo...) así como o uso de métodos de fabricación respectuosos co medio ambiente.

foto-2.jpg

filosofia-3.jpg