QUENES SOMOS?

Somos Carla e Pepe, unha bióloga molecular namorada da cosmética natural que un día decidiu unir as súas paixóns: a investigación e as plantas medicinais, e un profesor de formación viaria que mudou o coche e os pedais pola bata e os aceites esenciais.

Despois de formarnos e adquirir os coñecementos necesarios para comezar esta viaxe, establecémonos en Ribadavia, o pobo que nos viu nacer.

Elaboramos cosmética cos ingredientes que a natureza e o noso contorno nos ofrece, creando fórmulas que axudan a recobrar e manter o equilibrio natural da pel.

Aceite de oliva ou rosa de mosqueta, extractos de plantas dos nosos bosques galegos, como o romeu, a menta ou a lavanda e aceites esenciais de primeira calidade son as nosas principais materias primas.

A nosa cosmética está certificada por unha entidade internacional e independente, que avala que a elaboración dos nosos produtos realízase seguindo a Norma de Fabricación Sostible e Ecolóxica Biovidasana. Este certificado garante que empregamos ingredientes naturais e ecolóxicos, tal e como se indica na etiqueta dos nosos produtos. 

No noso obradoiro formulamos e elaboramos os nosos cosméticos, e ademais envasámolos e etiquetámolos. Unha vez listos, empaquetámolo con moito mimo para que o recibas na túa casa.

Ademais, moitas tendas en Galicia e tamén na Península, venden os nosos produtos.

Aquí vos deixamos un vídeo que esperamos que vos guste ;)

  filosofía naturavia