PROXECTO RIDIMOAS
Unha das bases fundamentais de Naturavia é o coidado do noso entorno.
Elaboramos cosmética natural e ecolóxica, y, respectuosa no só coa nosa pel, senón tamén co medio ambiente.
Como xa sabedes, Naturavia está situada na nosa comarca do Ribeiro, un lugar cun encanto natural e un entorno cheo de natureza onde se intercalan vides e bosques.
Pois aquí, no Ribeiro, preto de Ribadavia, está uns dos maiores tesouros da comarca: un bosque chamado Ridimoas.
A historia deste proxecto é apaixonante e a labor da Asociación Ridimoas admirable.
A nosa xeración medrou oíndo historias e fazañas de Pablo Rodríguez, coñecido como Oitabén. Para nós era o "noso" Félix Rodríguez de la Fuente.
E agora que somos maiores, non queriamos deixar de contribuir coa causa.
Por eso Naturavia colabora coa Asociación na protección e coidado dos bosques autóctonos.
Qué es Ridimoas y cómo nace Ridimoas?
Ridimoas é un dos bosques autóctonos mellor conservados de Galicia e está na comarca do Ribeiro, en Beade.
Este labor de conservación é levada a cabo por unha Asociación co nome de Ridimoas dende 1988, cando tras un incendio que arrasou a zona, dedidiu mercar parcelas co obxetivo de preservar a fauna e flora autóctona.
Hoxe, case tres décadas despois, Ridimoas conta con máis de 300 hectáreas recoñecidas como refuxio da fauna.
Unha das particularidades do bosque de Ridimoas é que a protección é levada a cabo por esta entidade, privada e sen ánimo de lucro, e que é un proxecto eminentemente social. A Asociación Ridimoas conta con máis de 1000 socios e socias que cada ano abonan unha cota mínima de 10 euros que axudan a manter as actividades que se realizan no bosque e ademáis, ir mercando novas parcelas.

Se ti tamén queres formar parte deste proxecto entra aquí. Para eles, os socios son o máis importante, xa que se nutren das aportacións dos afiliados. Sen nós no poderían facer nada. Eo facerte socio pasas a ser copropietario do bosque, axudas na súa conservación e na compra de novas parcelas. Un pequeno esforzo é unha gran axuda!
E ademais, se nos presentas o teu número de carné de socio, un 5% de desconto na nosa tenda online!
