BENVIDOS AO NOSO MUNDO


Somos Carla e Pepe, unha bióloga molecular namorada da cosmética natural que un día decidiu unir as súas paixóns: a investigación e as plantas medicinais, e un profesor de formación viaria que mudou o coche e os pedais pola bata e os aceites esenciais. Despois de formarnos e adquirir os coñecementos necesarios para comezar esta viaxe, establecémonos en Ribadavia, o pobo que nos viu nacer.

Os nosos produtos elabóranse en Ribadavia, no corazón de Galiza, rodeados de bosques e viñedos

foto-4.png

NATURAVIA É UN ESTILO DE VIDA


Máis que unha empresa Naturavia é un estilo de vida, é unha elección. Nace do desexo de achegar o noso gran de area coa nosa forma de traballar, de vivir e de sentir. Atopamos na natureza e no noso entorno a fonte de inspiración que un día nos fixo soñar con Naturavia. Dende entón non deixamos de traballar para conseguir que ese soño sexa unha realidade. Hoxe seguimos crendo firmemente no que facemos e por iso queremos que nos acompañes: Benvid@ ao noso mundo!

CALIDADE CERTIFICADA


En Ribadavia, no corazón de Galiza, desenvolvemos dende 2009 o noso proxecto como unha alternativa real á cosmética convencional con produtos eficaces, respectuosos coa nosa pel pero tamén coa natureza. As nosas instalacións e procedementos de traballo axústanse aos máis estritos requisitos e cumpren a Normativa Europea para a Correcta Fabricación de Produtos Cosméticos. Naturavia é fabricante cosmético autorizado pola Axencia Española do Medicamento e por elo ofrecemos produtos cosméticos de alta calidade garantida.