CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS

Cambios por produto defectuoso ou incorrecto:

No caso de que a mercadoría chegara danada ou defectuosa, o cliente deberá poñerse en contacto con nós por teléfono ou vía correo electrónico nun período máximo de 24horas dende a recepción do envío.

No caso de que nos equivocaramos e os produtos recibidos non se correspondan co teu pedido, enviarémo-los correctos sen custo algún para o cliente.

Os produtos substituídos recolleranse no teu domicilio sen aplicar custo algún (os produtos recollidos deberán estar en perfectos estado e que non haxa signos de manipulación).

Devolucións: Aceptaranse devolucións dentro dos 7 primeiros días dende a recepción da mercancía por parte do cliente. Para elo deberás porte en contacto con nós para tramitar a devolución.

Só se aceptarán devolución de produtos que non foran manipulados y estean en perfecto estado. Os gastos de transporte orixinados da devolución correrán a cargo do cliente.