Corporal & mans

ACEITE CORPORAL DE ROMEU E LIMÓN TONIFICANTE

Envase cristal 150ml

Máis detalles

17,95 € impostos incl.

Imprimir
  • LC00403

Engadir á listaxe de desexos

Indicado para todo tipo de peles.

Aceite hidratante enriquecido con aceite esencial de romeu, limón e menta ideal para masaxes descontracturantes, como relaxante muscular ou pernas cansas.

Estimulante circulatorio, indicado para aliviar pernas cansas, dolores reumáticos ou fatiga muscular. Por estes motivos é ideal como aceite de masaxes descontracturantes, musculares ou para activar circulación.

Enerxizante: activa o sistema nervioso central, aportando enerxía e optimismo. Os aceites de macadamia e sésamo potencian a acción estimulante dos aceites esenciais, á vez que aportan suavidade e hidratación.

Os aceites corporais Naturavia están elaborados con aceites vexetais 100% naturais, enriquecidos con aceites esenciais e extractos de plantas medicinais específicos, que protexen e nutren a pel.

NON TESTADO EN ANIMAIS • SEN DERIVADOS DO PETRÓLEO • SEN PARABENOS • SEN COLORANTES NIN PERFUMES ARTIFICIAIS • APTO PARA VEGANOS

PRODUTO COSMÉTICO ECOLÓXICO-CERTIFICADO POR BIO.INSPECTA

Certificado bio inspecta Bio vida sana

Sesamum indicum (sésamo) seed oil*, Macadamia ternifolia (macadamia) seed oil*, Vitis vinifera (uva) oil, Olea europaea (oliva) fruit oil*, Mentha arvensis (menta) oil, Citrus limon (limón) oil, Rosmarinus officinalis (romeu) oil*, limonene**, linalool**, citral**

* Procedente de cultivo ecolóxico

** Compoñente natural de aceites esenciais

Usar diariamente.

O ideal é aplícalo despois do baño coa pel lixeiramente húmida para acelerar a absorción, cunha masaxe ascendente.

Tamén se pode aplicar coa pel seca, para iso pódese aplicar directamente ou formar unha lixeira emulsión mesturándoo con auga na palma da man para facilitar a absorción e optimizar a súa aplicación.

Ideal combinar o seu uso co Xabón de Romeu e Limón.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia