Corporal & mans

ACEITE CORPORAL DE PEBIDA DE UVA REAFIRMANTE

Envase cristal 150ml

Máis detalles

21,05 € impostos incl.

Imprimir
  • LC00406

Engadir á listaxe de desexos

Suave mestura de aceites, ideal para todo tipo de peles, especialmente para aquelas con tendencia á retención de líquidos, flacided e celulite.

Mellora a apariencia da pel.

Os seus componentes activan o metabolismo e estimulan a circulación sanguínea facilitando a eliminación de tóxinas. A pel gaña firmeza e elasticidade mellorando o seu aspecto.

O aceite esencial de pomelo potencia a acción estimulante da uva, mentres que os aceites de oliva e macadamia contribúen a manter a pel hidratada.

Tamén indicado para pernas cansadas, polo seu efecto potenciador da circulación.

Os aceites corporais Naturavia están elaborados con aceites vexetais 100% naturais, enriquecidos con aceites esenciais e extractos de plantas medicinais específicos, que protexen e nutren a pel.

NON TESTADO EN ANIMAIS • SEN DERIVADOS DO PETRÓLEO • SEN PARABENOS • SEN COLORANTES NIN PERFUMES ARTIFICIAIS • APTO PARA VEGANOS

PRODUTO COSMÉTICO NATURAL CON 78.21% DE INGREDIENTES ECOLÓXICOS

CERTIFICADO POR BIO.INSPECTA

Certificado bio inspecta Bio vida sana

Sesamun indicum (sésamo) seed oil*, Olea europaea (oliva) fruit oil*, Vitis vinifera (uva) oil, Macadamia ternifolia (macadamia) seed oil*, Lavandula hybrida (lavandina) oil*, Citrus paradisi (pomelo) peel oil, Cymbopogon flexuosus (limonaria) oil, Rosmarinus officinalis (romeu) oil*, tocopherol, limonene**, linalool**, geraniol**, citral**, eugeniol**, citronelol**

* Procedente de cultivo ecolóxico

** Compoñente natural de aceites esenciais

Usar diariamente.

O ideal é aplícalo despois do baño coa pel lixeiramente húmida para acelerar a absorción, cunha masaxe ascendente.

Tamén se pode aplicar coa pel seca, para iso pódese aplicar directamente ou formar unha lixeira emulsión mesturándoo con auga na palma da man para facilitar a absorción e optimizar a súa aplicación.

Combinación ideal co Xabón Pebida de Uva e Café.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia