Corporal & mans

ACEITE CORPORAL DE ROSA MOSQUETA REXENERADOR

Envase cristal 150ml

Máis detalles

22,60 € impostos incl.

Imprimir
  • LC00408

Engadir á listaxe de desexos

Suave mestura de aceites que, grazas ás propiedades rexeneradoras da rosa mosqueta e a caléndula, preveñen a aparición de estrías e suavizan as xa existentes

Formulado especialmente para o coidado da pel durante o embarazo. O aceite de améndoas aporta hidratación e elasticidade.

Sen fragancias.

Indicado para peles moi secas por ser altamente hidratante.

Os aceites corporais Naturavia están elaborados con aceites vexetais 100% naturais, enriquecidos con aceites esenciais e extractos de plantas medicinais específicos, que protexen e nutren a pel.

NON TESTADO EN ANIMAIS • SEN DERIVADOS DO PETRÓLEO • SEN PARABENOS • SEN COLORANTES NIN PERFUMES ARTIFICIAIS • APTO PARA VEGANOS

PRODUTO COSMÉTICO ECOLÓXICO-CERTIFICADO POR BIO.INSPECTA

Certificado bio inspecta Bio vida sana

Sesamum indicum (sésamo) seed oil*, Rosa canina (rosa) fruit oil*, Prunus amygdalus dulci (alméndoa) oil*, Calendula officinalis (caléndula) extract *, Olea europaea (oliva) fruit oil*, Triticum vulgare (xerme de trigo) oil, tocopherol.

* Procedente de cultivo ecolóxico

Usar diariamente.

O ideal é aplícalo despois do baño coa pel lixeiramente húmida para acelerar a absorción, cunha masaxe ascendente.

Tamén se pode aplicar coa pel seca, para iso pódese aplicar directamente ou formar unha lixeira emulsión mesturándoo con auga na palma da man para facilitar a absorción e optimizar a súa aplicación.

Combinación ideal co Xabón de Rosa Mosqueta.

Se estás embarazada, neste post, contámoste cómo coidar a túa pel con cosmética natural e por qué este Aceite de Rosa Mosqueta é ideal para ti e a túa barriga.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia