Corporal & mans

ACEITE CORPORAL DE CALÉNDULA PELES SENSIBLES

Envase cristal 150ml

Máis detalles

17,75 € impostos incl.

Imprimir
  • LC00409

Engadir á listaxe de desexos

Suave mestura de aceites, indicada para o coidado de peles delicadas ou sensibles, polo seu efecto calmante e reparador.

Sen aromas nin fragancias.

Especialmente indicado para a pel dos bebés, incluso recén nacidos: como aceite corporal despois do baño ou engadindo unas gotas na auga, como crema de pañal para evitar irritacións e, tamén, para a costra látea.

Indicado ademáis para aliviar as irritacións do pezón durante a lactancia.

Ideal como tratamento aftersun.

Tamén para queimaduras polo seu efecto rexenerador e cicatrizante.

O aceite de albaricoque e sésamo aportan hidratación, mantendo o equilibrio natural da pel.

Os aceites corporais Naturavia están elaborados con aceites vexetais 100% naturais, enriquecidos con aceites esenciais e extractos de plantas medicinais específicos, que protexen e nutren a pel.

NON TESTADO EN ANIMAIS • SEN DERIVADOS DO PETRÓLEO • SEN PARABENOS • SEN COLORANTES NIN PERFUMES ARTIFICIAIS • APTO PARA VEGANOS

PRODUTO COSMÉTICO ECOLÓXICO-CERTIFICADO POR BIO.INSPECTA

Certificado bio inspecta Bio vida sana

Sesamum indicum (sésamo) seed oil*, Calendula officinalis (caléndula) flower extract *, Prunus armenaica (albaricoque) oil*, tocopherol

* Procedente de cultivo ecolóxico

Sen aromas nin fragancias.

Usar diariamente.

O ideal é aplícalo despois do baño coa pel lixeiramente húmida para acelerar a absorción, cunha masaxe ascendente.

Tamén se pode aplicar coa pel seca, para iso pódese aplicar directamente ou formar unha lixeira emulsión mesturándoo con auga na palma da man para facilitar a absorción e optimizar a súa aplicación.

Para usar como crema de pañal aplicar unas gotas directamente no cuciño do bebé e coas mans limpas extender ata a súa parcial absorción.

Combinación ideal co Xabón Caléndula e Macela.

Descubre por qué en Naturavia estamos convencidos de que a Caléndula ten súper poderes. 

E si queres saber por qué o Aceite de Caléndula é ideal para coidar a pel do teu bebé da forma máis natural, esta entrada do blogue interésate.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia