Packs & agasallos

Pack Esencial Peles Mixtas Maduras

Ritual de beleza para peles maduras mixtas. Contén tres produtos básicos para o coidado diario. 

Ideal para aquelas mulleres que desexan utilizar produtos antiidade e, ademáis, específicos para pel mixta. Con esta liña por fin podes disfrutar das texturas lixeiras sen ter que renunciar aos efectos rexenerantes.

Máis detalles

50,25 € impostos incl.

No lugar de 50,75 €

Imprimir
  • PA009

Engadir á listaxe de desexos

Ritual de beleza para peles maduras mixtas. Contén tres produtos básicos para o coidado diario. 

Ideal para aquelas mulleres que desexan utilizar produtos antiidade e, ademáis, específicos para pel mixta. Con esta liña por fin podes disfrutar das texturas lixeiras sen ter que renunciar aos efectos rexenerantes.

Este pack contén tres básicos para o coidado diario deste tipo de peles. Con aromas naturais e suaves texturas que fan que o teu ritual de coidado sexa un momento especial.

O primeiro paso da rutina de beleza, a limpeza. Para esto a Limpiadora Suave de Rosas e Manzanilla é perfecta coa súa textura fluída e o seu aroma a limonaria, laranxa e lavanda. Limpa e detoxifica profundamente sen resecar. A túa pel queda limpa, suave e hidratada grazas a compoñentes como a caléndula ou a auga de rosas.

Úsao tamén para retirar os restos de maquillaxe. É tan suave coa pel que tamén é ideal para peles sensibles.

O segundo paso, a tonificación. A Auga de Rosas é un tónico floral que revitaliza a túa pel en calquera momento do día. 
Regula o pH, revitaliza a pel a prepáraa para a hidratación. 
É un paso sinxelo, que fará que a túa pel se sinta moito mellor. 
Aplícaa sobre a pel limpa e seca e goza do aroma a rosa. Di abur ao estrés e tómate un tempo para ti.

Este paso podes repetilo as veces que che faga falta ao longo do día. Se sintes a túa pel fatigada, apagada, acalorada... adícate un momento.

Por último, hidrátate. O Fluído Facial de Rosa Mosqueta é unha crema de textura lixeira que se aborbe súper ben e que lles vai fenomenal ás peles mixtas. Hidrátaas, equilíbraas, non as engraxa e ademáis, ten acción rexenerante antiidade.

Podes ler aquí a opinión de Organics Magazine sobre a nosa líña para peles mixtas maduras.

Queres saber como preparamos os teus pedidos? Podes velo aquí

Se queres engadir unha nota no teu paquete podemos facelo por ti. Ao final do pedido tes a opción de enviarnos unha mensaxe, escríbenos aí o que desexes.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia