Packs & agasallos

Pack Rosa power-embarazadas

Dous produtos súper especiais e delicados para o coidado de unha futura mami.

Máis detalles

41,20 € impostos incl.

No lugar de 41,65 €

Imprimir
  • PA010

Engadir á listaxe de desexos

Dous produtos súper especiais e delicados para o coidado dunha futura mami.

O Aceite Corporal de Rosa Mosqueta foi especialmente formulado para a pel durante o embarazo e é marabilloso para a hidratación e a prevención de estrías.
Hidrata e nutre profundamente e prepara a pel para o aumento de volume.


O Aceite Puro de Rosa Mosqueta está cargado de multitude de principios activos e é ideal para preparar e flexibilizar a zona do perineo para o parto. Ademáis, pódese aplicar como tratamento rexenerante na zona do contorno do ollo, pescozo e escote, comisura dos labios ou manchas.

Un truco para aplicar o Aceite Puro de Rosa Mosqueta sobre o rostro: aplícao mesturado coa Agua Floral de Rosas. Absorberase moito máis rápido.

É ideal para futuras mamis que desexen coidar a súa pel con cosmética natural durante esta etapa tan especial.

Queres saber como preparamos os teus pedidos? Podes velo aquí

Se queres engadir unha nota no teu paquete podemos facelo por ti. Ao final do pedido tes a opción de enviarnos unha mensaxe, escríbenos aí o que desexes.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia