Packs & agasallos

Pack corporal Pel bonita

Con este pack corporal axudas a túa pel a manterse bonita.

Contén dous produtos que coidarán da túa pel para que estea suave, hidratada e tonificada. 

Un xabón para exfoliar e suavizar a túa pel e un aceite corporal que hidrata e tonifica. 

Enriquecidos con aceites esenciais de lemongrass, romeu, pomelo e lavanda, que activan, estimulan a circulación e alegran a alma. 

Pack con desconto

Máis detalles

27,95 € impostos incl.

No lugar de 28,30 €

Imprimir
  • PACK002

Engadir á listaxe de desexos

Con este pack regalas produtos corporais para mimar e manter a túa pel bonita, bonita. 

Xabón de Pepita de Uva é ideal para ducharte e exfoliarte. Con gran poder hidratante e antioxidante,  exfolia suavemente a túa pel, eliminando toxinas e células mortas, grazas á pepita de uva molida. A túa pel queda súper suave. 

Con un aroma a cítricos que estimulan e activan o teu corpo e a túa mente. 

Aceite corporal  reafirmante de Pepita de Uva é o complemente perfecto ao xabón. Despois de exfoliar a túa pel, aplica o aceite corporal hidratante cunha suave masaxe en sentido ascendente, ata a súa total absorción, para favorecer a súa acción estimulante da circulación. 

 Utilízao despois do baño sobre a pel lixeiramente húmida.

Un truco que nos encanta: aplicao sobre a pel seca, mesturando na palma da man aceite corporal cunhas gotas de Auga Floral de Rosa. Aplica a emulsión resultante sobre a pel, é unha auténtica ledicia. 

O hidralato de rosas apórtalle propiedades calmantes e rexenerantes e fai que a aplicación sexa máis cómoda, práctica e efectiva. 

 Queres saber como preparamos os teus pedidos? Podes velo aquí.

Se queres engadir unha nota no teu paquete podemos facelo por ti. Ao final do pedido tes a opción de enviarnos unha mensaxe, escríbenos aí o que ti desexes.

1 x

Reafirmante e exfoliante corporal. Aseo corporal para todo tipo de peles.Pastilla 115gr

7,25 €

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia