Packs & agasallos

Pack Corporal Pel Sa

Con este pack axudas ás peles máis secas e deshidratadas a estar sas e protexidas. 

Contén tres  produtos que coidarán a túa pel para que estea hidratada, protexida e suave. 

Un xabón para limpar a túa pel suavemente sen resecar, unha crema para mimar as túas mans e un aceite corporal especialmente creado para peles atópicas. 

Pack con precio especial ;)

Máis detalles

42,95 € impostos incl.

No lugar de 43,40 €

Imprimir
  • PA013

Engadir á listaxe de desexos

Con este pack regalas mimos e coidados para as peles deshidratas ou atópicas. 

Xabón orgánico de Aloe e Onagra, limpa suavemente e hidrata a túa pel na ducha. Tamén podes  usalo como limpador facial (excepto peles graxas, que usarán o Xabón Dúas Arxilas e Árbore de Té) e como champú sólido para cabelos normais e secos. 

Aceite corporal de Aguacate e Onagra, especialmente formulado para peles atópicas e deshidratadas, calma, suaviza e hidrata. 

Elaborado con aceites de caléndula, aguacate e onagra que axudan a recompoñer a barreira hidrolipídica, mantendo a pel máis protexida, evitando a deshidratación.   

Hidrata a túa pel diariamente para manter o seu estado natural. 

Enriquecido con aceite esencial de bergamota e lavanda que invitan á calma e ao relax. Así que é ideal para aplicalo pola noite. 

Aplícao sobre a pel lixeiramente húmida despois da ducha. Isto quere dicir, que nos retiremos parte da auga coa toalla e deixemos unha humidade moi lixeira para poder aplicar o aceite. 

Un truco que nos encanta para aplicar os aceites:  mesturar na palma da man o aceite con Auga de Rosa e aplicar sobre a pel seca. Notarás que se absorbe moito máis rápido e que a sensación na pel é espectacular!

A auga de rosas aporta propiedades calmantes e rexenerantes, ademáis de facilitar a aplicación e convertir esta aplicación nun verdadeiro ritual. 


Por último, a Crema de mans de Aloe, hidratante suave e cun aroma a pomelo, palma rosa e lavanda. Elaborada con aceites de aguacate, sésamo e oliva.

Aplícaa todos os días para manter as túas mans bonitas. 

 Queres saber como preparamos os teus pedidos? Podes velo aquí.

Se queres engadir unha nota no teu paquete podemos facelo por ti. Ao final do pedido tes a opción de enviarnos unha mensaxe, escríbenos aí o que desexes.

1 x

Limpeza e coidado de peles delicadas ou atópicas con problemas descamativos (psoriasis, dermatitis...) e cabelos normais ou secos.Reparador e hidratante.Pastilla 115gr

7,25 €

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribir unha avaliación


Naturavia