Limpeza e coidado de peles delicadas ou atópicas con problemas descamativos (psoríase, dermatite…) e cabelos normais ou secos.
Reparador e hidratante.
Especialmente formulado para mellorar o estado de peles atópicas e con problemas descamativos. As propiedades da onagra rexeneran estimulando a produción coláxeno. A acción calmante da caléndula e o aloe únense ás propiedades nutritivas do aceite de aguacate, mantendo a pel sa e hidratada.
Para cabelos secos combinar co Aceite Puro de Argán para potenciar a acción nutritiva (modo de emprego en sección Aceites Puros).
NON TESTADO EN ANIMAIS- SEN DERIVADOS DO PETRÓLEO- SEN PARABENOS- SEN COLORANTES NIN PERFUMES ARTIFICIAIS- APTO PARA VEGANOS
PRODUTO COSMÉTICO ECOLÓXICO- CERTIFICADO POR BIO.INSPECTA
Contén máis do 95% de ingredientes ecolóxicos certificados

Olea europaea (oliva) fruit oil*, Cocos nucifera (coco) oil*, aqua, Elaeis guineensis (palma) oil*, sodium hydroxide, Persea gratissima (aguacate) oil*, Oenothera biennis (onagra) oil, Calendula officinalis (caléndula) extract*, Aloe Barbadensis (aloe) leaf juice*, Citrus aurantium bergamia (bergamota) fruit oil, Lavandula hybrida (lavandina) oil*, sodium benzoate, potassium sorbate, limonene**, linalool**, citral**
*Procedente de cultivo ecolóxico
**Compoñente natural de aceites esenciais
Humedecer as mans e enxaboar para facer escuma. Aplicar nas mans, corpo e cabelo.
Retirar con abundante auga.
Precaución: evitar contacto cos ollos, no caso de contacto aclarar con abundante auga.
Para peles atópicas, combínao co Aceite corporal de Aguacate e Onagra.
E sabías que os nosos xabóns tamén poden utilizarse como champú? Pois sí, e ademáis, podes completar o teu coidado capilar cos Aceites Puros, para conseguir un pelo sedoso e nutrido. Contámoscho aquí.